Pecha a revista NGAMER

martes, 21 de abril do 2009 Marcus Fernández

Onte falábamos do peche da revista EDGE en España, pero agora sabemos que non será a única publicación do sector dos videoxogos que nos abandona, senón que Globus Comunicación tamén deixa de editar a revista NGAMER dedicada á Nintendo DS e Wii, e que non superaría os 18 números, quedando coa metade de vida que a edición española de EDGE.
A caída na venda de revistas (provocado en boa medida pola web, que confírmase coma opción principal para informarse sobre videoxogos) e especialmente o descenso dos ingresos publicitarios serían os que provocarían esta alarmante caída de cabeceiras en España, aínda que a moitos sorprenderá que se manteñan no mercado publicacións cunha calidade e sona moi inferior á das revistas que nos deixaron no que vai de ano.

PUBLICIDADE