Deputacon de Pontevedra

Agasallo.eu

O noso boletín por e-mail conta xa con 3067 lectores. ¡Subscríbete!
Código Cero

Diario de Novas Tecnolóxicas de Galicia


Revista en PDF:

Descárgaa xa












 


Axencia Galega de Innovacion

AMTEGA



PéZcalo ábrese a investidores externos para espallar aínda máis os seus proxectos

mércores 6 de marzo do 2013, por Redacción | | Compartir | |

PeZcalo.es, a tenda en liña galega de produtos para pescadores deportivos, segue a ser unha fonte inesgotábel de novidades. Agora é a quenda de falar dun proceso aberto no seu seo para permitir a participación externa de investidores. Segundo nos contan os responsábeis deste establecemento, o investimento mínimo é de 5.000 euros. Esta achega de orzamentos servirá para procurar o medre de varios proxectos ben definidos: a propia tenda en liña (dirixida como lembraremos a permitir que os seareiros da pesca poidan mercar de xeito sinxelo produtos para tódolos petos), o blog Coto de PeZca e máis o servizo Coto de Compras, o primeiro grupo de compras en España que se dedica a este tipo de produtos.
Con este proceso de apertura, os responsábeis da tenda en liña achegan “a posibilidade de participar nunha comunidade de pesca deportiva avalada por máis de 5.000 seareiros no Facebook e 3.000 no Twitter”, sinalan. Como lembraremos, PéZcalo estivo de novo medios recentemente pola posta en marcha do devandito Coto de Compras, que naceu co obxectivo de conseguir as mellores ofertas a través das vantaxes de mercar en grupo, pero sen limitarse a ser unha páxina web de descontos, para converterse nunha comunidade de afeccionados á pesca deportiva.
Este novo proxecto de PéZcalo xorde en resposta á conxuntura económica actual, de aí que ofrezan o Coto de Compra como unha alternativa para provedores e afeccionados á pesca de xeito que ambas partes saian gañando. Dende o seu comezo ofrece produtos de primeiras marcas con descontos no seu prezo de ata o 70%.

 

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.
Rúa das Hedras 4 1º G (Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
Teléfono-fax:981 53 02 68
redaccion@codigocero.com

 RSS