Pau Gasol ocupará a portada de NBA 2K17

venres, 5 de agosto do 2016 Marcus Fernández

Dende 2K Games veñen de anunciar que en España o xogo NBA 2K17 levará á figura de Pau Gasol na súa portada, algo que non debería sorprender, xa que é o xogador español que máis partidos disputou na NBA, chegando a ser 6 veces All-Star, aínda que desta volta será a primeira vez que lucirá no xogo a camiseta dos San Antonio Spurs tras o seu paso polos Grizzlies, os Lakers e os Bulls. Incluso dende a cadea Media Markt aproveitaron o anuncio para saír á palestra e anunciar que os que reserven o xogo antes do seu lanzamento (o vindeiro 16 de setembro) poderán facerse cun balón de baloncesto exclusivo, limitándose esta promoción a 1.300 unidades).
O xogo estará dispoñible para PC, Xbox 360, Xbox One, PS3 e PS4, estando Gasol na portada da edición estándar, mentres que na Edición Leyenda será Kobe Bryant o xogador que goce de tal honra a xeito de homenaxe tras a súa recente retirada.

Dende Media Markt anunciaron unha interesante promoción ao redor do xogo que destaca figura de Pau Gasol

PUBLICIDADE