Patricia Argerey, nova directora de GAIN

venres, 2 de decembro do 2016 Redacción

O Consello da Xunta de Galicia aprobou hoxe o decreto que nomea a Patricia Argerey Vilar como nova directora da Axencia Galega de Innovación (GAIN).
Argerey Vilar, nada en Lugo en 1977, é doutora en Ciencias Económicas e Empresariais pola Universidade Complutense de Madrid e conta cun mestrado en Estudos Políticos Aplicados pola Fundación Internacional y para Iberoamérica de Administración y Políticas Públicas.
Ocupaba desde xaneiro de 2013 o cargo de xefa de gabinete do Conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, onde chegara despois do seu labor como asesora do presidente da Xunta de Galicia desde o ano 2009.
Con anterioridade foi profesora na Universidade Complutense de Madrid e secretaria xeral e coordinadora de proxectos de I+D do Instituto de Estudios Europeos da Universidade CEU San Pablo, onde exerceu tamén a docencia.

PUBLICIDADE