PartyFoz 2008 quenta motores

xoves, 17 de xullo do 2008 Marcus Fernández

Entre os días 15 e 17 de agosto a vila luguesa de Foz celebrará a súa cuarta edición da PartyFoz, un encontro para afeccionados á informática e á tecnoloxía que queiran intercambiar experiencias, coñecementos, programas, descargas e moitas horas de diversión.
O evento está organizado polo Concello de Foz e o Gruop de Libre Información e Tecnoloxía (Galite) e, completará o encontro con charlas e conferencias sobre software libre e talleres sobre Linux.
Os participantes poderán baterse en torneos dos xogos Counter Strike NoSteam 16, Pro Evolution Soccer 6, Need for Speed Most Wanted e Dragon Ball Z Budokai Tenkaichi 2. A inscrición á festa informática xa está aberta.

PUBLICIDADE