Paris Hilton protagoniza un xogo en Flash ambientado na cadea
mércores, 6 de xuño do 2007
A multimillonaria norteamericana Paris Hilton está
a acadar a atención mundial pola súa entrada na cadea condenada por conducir a
113 quilómetros por hora nunha zona limitada a 50 despois de que lle retiraran
a licenza de condución por conducir bébeda. Agora, a herdeira da cadea
hoteleira Hilton terá que pasar 23 dÃas presa, deixando claro que os cartos non
serven para librarse do cumprimento das normativas de tráfico.
Para facer burla do incidente na Internet xa hai un xogo en Flash que permite
meternos na pel de Paris Hilton traballando na cadea facendo matrÃculas de
automóbil, nun xogo
que chaman The Prison Life (en
clara alusión ó programa de televisión The
Simple Life protagonizado por Paris Hilton e Nicole Richie) e no que se
pode ver a Paris gravando placas de matrÃcula evitando machucar ó seu canciño
na operación.
As
propias placas de matrÃcula inclúen certas bromas sobre Paris Hilton, pois
abrevian frases en inglés coma DUI4ME (conduce bébedo para min), DRV2FST (conduce
de festa) ou PRVTCEL (cela privada).
Cando menos o xogo é divertido: