Paint.NET: unha solución básica de retoque fotográfico

luns, 23 de outubro do 2006 Marcus Fernández

Os usuarios que empreguen habitualmente o Photoshop para retocar as súas fotografías terán unha nova alternativa a este programa, que sería a versión 3.0 do PaintNET, que con só 3,59 Mb inclúe as funcións básicas (ampliables mediante engadidos) deste tipo de ferramentas, coa vantaxe de ser de balde.
Paint.NET é así un novo programa de retoque fotográfico para equipos co sistema operativo Windows desenvolvido en C# (en parcialmente en C++) e que conta con soporte de capas, efectos especiais e moitas outras ferramentas que o converten nunha ferramenta sinxela para os usuarios que non precisen dunha complexa aplicación coma o Adobe Photoshop.

PUBLICIDADE