Paint.NET 3.5 Beta: o editor gráfico de balde mellora en rendemento e estabilidade

mércores, 23 de setembro do 2009 Marcus Fernández

Os usuarios que desexen editar imaxes sen ter que acudir a unha aplicación complexa e cara coma o Adobe Photoshop teñen distintas solucións de balde dispoñibles, como a nova versión de proba do Paint.NET 3.5, aplicación que vén de renovarse para mellorar o seu rendemento e estabilidade, á vez que acomete modificacións para integrarse mellor en Windows Vista e Windows 7.
Tamén incorpora novos filtros, reduce os seus tempos de carga, conta cunha ferramenta de texto totalmente reescrita (solucionando problemas de versións previas), reduce o consumo de memoria en equipos con moitas tipografías instaladas e outras modificacións.
Esta aplicación precisa do .NET 3.5 SP1, aínda uqe se non contamos co mesmo instalarase automaticamente.

PUBLICIDADE