Factura electrónica

Deputación de Pontevedra

O noso boletín por e-mail conta xa con 3033 lectores. ¡Subscríbete!
Código Cero

Diario de Novas Tecnolóxicas de Galicia

PC City pechará as súas tendas en España

xoves 14 de abril do 2011, por Marcus Fernández | | Compartir | |

JPEG - 37.1 KB
A Coruña conta cunha tenda de PC City no Centro Comercial Elviña

O grupo británico Dixons Retail, propietario da cadea de tendas de informática PC City, anunciou a finais do mes pasado que estaba a estudar o cese de actividades en España ante a debilidade do noso mercado, e finalmente adoptaron tal medida, de xeito que botará o peche a 34 tendas españolas e aplicará un ERE que afectará a 1.224 empregados.
Dende a dirección de PC City España están a explorar todas as vías posibles para buscar solucións que permitan salvar o meirande número posible de empregos. A compañía tamén destacou que o seu cese de actividade non afectará ás garantías e obrigas que a empresa contraeu cos seus clientes, asegurando que cumprirán con todas as prestacións previstas nos programas de servizo.

JPEG - 28.6 KB
Tenda de PC City na rúa do Horreo (Santiago de Compostela)

A compañía xustifica o seu peche debido á «progresiva caída do consumo, ás perdas acumuladas pola cadea e aos plans do Grupo para centrar a súa actividade en tendas combinadas de informática e electrónica».
En 2009 a compañía xa aplicara un ERE que afectou a 215 empregados e 10 tendas, aínda que as súas actividades en Galicia (concretamente nas cidades de A Coruña, Vigo e Santiago de Compostela) non se viran afectadas, pero nos últimos días algúns dos establecemento xa iniciaran liquidacións de produtos, e durante a última semana celebraron os Días Morados, promoción a través da que ofrecían un 25% de desconto nos seus produtos en tenda e web.

JPEG - 136 KB
Curiosamente o anuncio do peche de PC City en España coincide coa inauguración dunha nova tenda en Marineda City (A Coruña)
 

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.
Rúa Conxo de Arriba 49- 1 C
15706 Santiago de Compostela
Teléfono-fax:981 53 02 68
redaccion@codigocero.com

 RSS