SICON

Deputación de Pontevedra

O noso boletín por e-mail conta xa con 3015 lectores. ¡Subscríbete!
Código Cero

Diario de Novas Tecnolóxicas de Galicia

PC City podería abandonar o mercado español

xoves 31 de marzo do 2011, por Marcus Fernández | | Compartir | |

JPEG - 37.1 KB
A Coruña conta cunha tenda de PC City no Centro Comercial Elviña

O grupo británico Dixons Retail, propietario da cadea de tendas de informática PC City, anunciou que está a estudar a posibilidade de abandonar España ante a debilidade que amosa o noso mercado, o que sorprende tras ver a súa rápida implantación en Galicia, onde ten presenza nas cidades de A Coruña, Vigo e Santiago de Compostela.

JPEG - 28.6 KB
Tenda de PC City na rúa do Horreo (Santiago de Compostela)

O comunicado que remitiu á Bolsa de Londres a compañía informa de que «co contorno de consumo en España amosando novos signos de debilidade, o grupo iniciou un período de análise para estudar todas as opcións posibles, que inclúe unha potencial saída das operacións nos establecementos», pese a que a evolución das tendas españolas fora satisfactoria, pois o seu negocio é «actualmente deficitario debido en parte á crise económica», e o peche de PC City en España suporía un aforro ao seu grupo duns 5 millóns de libras esterlinas (5,7 millóns de euros).
Actualmente PC City conta con 34 establecementos en España e 1.300 traballadores, aínda que nos últimos meses tivo que enfrontarse non só a un ciclo económico negativo, senón tamén a un importante incremento da competencia.

 

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.
Rúa Conxo de Arriba 49- 1 C
15706 Santiago de Compostela
Teléfono-fax:981 53 02 68
redaccion@codigocero.com

 RSS