Os xogos de fútbol dominan as vendas españolas de videoxogos
martes, 18 de novembro do 2008
- Imaxe do Pro Evolution Soccer 2009
Coma todos os
meses aDeSe publicou as listaxes de vendas de videoxogos en España, e temos que
durante o mes de outubro o
fútbol reinou nas tendas ocupando as últimas entregas do FIFA e do Pro Evolution Soccer 7 das 10 primeiras posicións, o que é xa unha
tradición a estas alturas do ano, aÃnda que sorprendeu lixeiramente que o Pro Evolution Soccer 2009 manteña as
súas boas vendas aÃnda que exista unha unanimidade case absoluta entre público
e crÃtica de que esta ano o FIFA 09 é
un xogo claramente superior.
AsÃ, o xogo máis vendido serÃa o PES 2009
para PS3, seguido polo FIFA 09 para
PS3 e PS2. O PES 2009 para PS2 tamén
estarÃa na cuarta posición de vendas, confirmando asà que o parque de vellas
consolas de Sony aÃnda está activo, polo que se fai notar ante os grandes
lanzamentos do ano. A Xbox 360 só entra na listaxe nos postos 6 e 8 co FIFA e o PES respectivamente, mentres que a Wii se mantén na listaxe con
tÃtulos que poderiamos considerar de
longo prazo coma son Wii Fit, Wii Play e Mario Kart (os tres veñen con accesorios, e son case complementos
obrigados para os que mercan a consola doméstica de Nintendo).
Cómpre destacar que nas listaxes de vendas por plataforma hai tÃtulos coma Far Cry 2, Dead Space ou Fallout 3
que non acadan os resultados que un poderÃa agardar (aÃnda que venden moi ben)
porque saÃron á venda nos últimos 11 dÃas do mes.
No tocante ás consolas portátiles temos coma o FIFA 09 lidera as vendas para PSP, pero na Nintendo DS non parece
ser capaz de obter bos resultados, quedando nunha modesta 8ª posición, mentres
continúan arrasando Cocina Conmigo, New Super Mario Bros e o incombustible Brain Training.