Os videoxogos volver sen peza fundamental das xornadas organizadas polo Movemento Xove

venres, 19 de xuño do 2015 Marcus Fernández

Hoxe botaron a andar no Forum Metropolitano da Coruña as Segundas Xornadas MX organizadas pola asociación cultural Movemento Xove, que ofrecen lecer alternativo para a mocidade durante un par de días, estando aberto o evento á participación doutras asociacións galegas e a calquera que queira pasarse por alí a gozar das súas múltiples actividades, que van dende as charlas e obradoiros até as competicións de videoxogos.
De feito, a tecnoloxía está moi presente nas Xornadas MX, con consolas de videoxogos actuais e retro, e incluso un dron, deixando claro que cada vez o lecer electrónico ten unha maior importancia.
Para a xornada de mañá teñen programadas numerosas actividades durante todo o día, das que queremos destacar os torneos de videoxogos que se desenvolverán na sala principal, e que serán:
- 12:00 - 14:00 – Torneo de Guitar Hero
- 17:00 - 21:00 – Torneo de Pokémon
- 19:00 - 20:30 – Torneo de Just Dance
Completarán a xornada numerosas proxeccións, unha charla sobre Wings of Glory, un Trivial Friki, unha partida de Cluedo en vivo e incluso actividades máis dinámicas que se desenvolverán no exterior do recinto (relevo de camisetas, traslado de globo...).

As xornadas aglutinan numerosas actividades de distintos eidos do lecer alternativo
Os videoxogos retro demostran habitualmente neste tipo de encontros que aínda son moi divertidos
Este tipo de xornadas son unha excelente oportunidade para achegarse a curiosos videoxogos, aínda que poidan considerarse como unha simple anécdota, fixeron historia.

PUBLICIDADE