Os vídeos de partidas de videoxogos poderían infrinxir o copyright

luns, 9 de febreiro do 2009 Marcus Fernández

Imaxe de The NetStar na que se expresa a particular visión da Industria sobre os vídeos de partidas

Un programa da televisión xaponesa, The NetStar, centrado na animación e nos videoxogos, informou das medias draconianas que pretenden impor algunhas compañías de videoxogos no tocante a vídeos con gravacións de partidas a videoxogos, que consideran que son unha infracción do copyright e denuncian que reducen o valor dos xogos degradando a súa experiencia de uso, aínda que aceptan que os tolerarán de ser publicados por usuarios particulares.
Esta reacción da Industria estaría provocada polo éxito de moitos vídeos de éxito na Rede nos que se presentan imaxes editadas de videoxogos acompañadas dunha narración, o que poderiamos entender como un uso promocional dos xogos, pero que non se ven do mesmo xeito dende as compañías que os desenvolven, polo que o debate sobre a legalidade da súa publicación podería tomar certa relevancia nos vindeiros meses.

PUBLICIDADE