Os usuarios de PlayStation Plus gozarán dunha notable selección de xogos en xaneiro

martes, 30 de decembro do 2014 Marcus Fernández

A oferta de xogos incluídos dentro de PlayStation Plus perdeu forza nos últimos meses e, ante o inminente período de renovacións masivas que chegará tras o Nadal dende Sony quixeron reforzar este elemento que deixaran un tanto de lado, e durante decembro xa recuperaron a liña de hai máis dun ano, e tamén anticiparon que durante xaneiro ofrecerían para os usuarios de PlayStation 4 o xogo inFAMOUS: First Light, o que era un bo inicio para unha oferta da que xa temos máis detalles.
<em>Prototype 2</em> para PS3 estará incluído en PlayStation Plus en xaneiroAsí, aparte do mencionado xogo da franquía inFAMOUS, a PS4 recibirá tamén un título pouco coñecido (The Swapper); mentres que os usuarios de PlayStation 3 recibirán un xogo de acción notable como Prototype 2 (moi na liña de inFAMOUS) e unha xoia do retro, o clásico Ducktales: Remastered, ou sexa o vello xogo inspirado na serie de televisión de PatoAventuras, que adaptou os seus gráficos á alta definición con grande acerto. Os posuidores dunha PS Vita terán dispoñible para a súa descarga Duke Nukem 3D: Megaton Edition e Woah Dave!. Confírmase así un magnífico mes para os subscritores de PlayStation Plus.

A remasterización de PatoAventuras para PS3 é unha das sorpresas incluídas en PlayStation Plus en xaneiro


Vídeo no que anuncian os xogos incluídos en PlayStation Plus no mes de xaneiro

PUBLICIDADE