Os usuarios de PlayStation Plus recibirán en setembro o xogo Assassin’s Creed III

venres, 23 de agosto do 2013 Marcus Fernández

O mes de setembro apunta moi ben para os subscritores do servizo PlayStation Plus, pois van recibir unha boa ración de videoxogos descargables, pero para os que aínda non contratasen o servizo tamén hai que destacar que ata o 20 de setembro poderán facerse cunha promoción especial a través da que faranse con 15 meses de subscrición por só 49,99 euros (co engadido de que, aparte de aplicarse á PS3 e á PS Vita, a partir de novembro tamén será compatible coa PS4).
O grande xogo que poderán descargar os usuarios de PlayStation Plus para PlayStation 3 a partir do 28 de agosto será Assassin’s Creed III, un dos grandes xogos de Ubisoft que traslada as aventuras dos Assassins á Revolución Estadounidense e que marca a liña do que serán a vindeiras entregas desta saga. Os usuarios de PS3 tamén poderán descargar a triloxía completa coas aventuras de Jak and Daxter e o xogo de plataformas e sixilo Stealth Inc. A Clone in the Dark.
Os subscritores de PlayStation Plus cunha PS Vita tamén recibirán un xogo de bastante peso, Urban Trial Freestyle, que consiste en superar grandes desafíos en motocicleta facendo espectaculares acrobacias. O xogo que completará a oferta do mes de setembro para a portátil de Sony será New Little King’s Story, grande xogo de Konami no que viviremos unha grande aventura encarnando a un rei de 14 anos de idade.
Tamén cómpre destacar que durante uns días os usuarios de PlayStation Plus poderán acceder en exclusiva á beta de Killzone Mercenary e á demo de Puppeteer.

PUBLICIDADE