Os usuarios de Mac por fin poden xogar a LEGO El Señor de los Anillos

venres, 22 de febreiro do 2013 Marcus Fernández

Tras chegar a consolas de videoxogos o pasado outono, LEGO El Señor de los Anillos, título que busca trasladar dun xeito divertido e familiar as aventuras da Terra Media cunha clara inspiración nas películas baseadas nas novelas de J.R.R. Tolkien, estréase finalmente na Mac App Store, de xeito que os usuarios de OS X por fin poden facerse con este xogo por 26,99 euros.
Este curioso xeito de repasar a triloxía de El Señor de los Anillos está así ao alcance dos maqueiros, aínda que cómpre destacar que para poder gozar deste título é preciso contar cun equipo que teña como mínimo un procesador a 1,4 GHz, 4 Gb de RAM, gráfica con 128 Mbytes e 8 Gb de disco libre, sendo incompatible con equipos con gráficas series ATI X1xxx, series ATI HD2xxx, series nVIDIA 7xxx, series nVIDIA 8xxx e series Intel GMA.
LEGO El Señor de los Anillos non só permite gozar da historia principal das películas, senón que tamén conta con numerosas misións complementarias, permite manexar a máis de 80 personaxes e incluso conta cun modo cooperativo multixogador, o que permite formar unha irmandade con amigos para explorar xuntos a Terra Media.

O xogo permitirá controlar a máis de 80 personaxes

PUBLICIDADE