Os usuarios Gold de Xbox LIVE recibirán atractivos xogos en agosto

martes, 26 de xullo do 2016 Marcus Fernández

Pese a que no verán é habitual que os xogos incluídos nos programas de subscrición das consolas de videoxogos sexan algo frouxos, dende Microsoft parecen esquecelo, e preparan un mes de agosto bastante interesante, de xeito que os subscritores Gold de Xbox One recibirán a partires do día 1 o xogo Warriors Orochi 3 Ultimate valorado en 59,99 euros, é que será a delicia dos seareiros das sagas Dynasty Warriors e Samurai Warriors, que unen os seus personaxes neste beat’em up no que haberá que combater para derrotar a Orochi, o Rei Serpe; e a partires do día 16 o xogo do que poderá gozarse será WWE 2K16, valorado en 69,99 euros, e que trátase da última entrega anual da célebre franquía de wrestling, que nesta edición ten como estrela ao loitador Stone Cold Steve Austin.
Os xogos para Xbox 360, retrocompatibles con Xbox One, tamén son bastante salientables, contando no primeiro trimestre do mes con xogo indie de plataformas Spelunky; completando o mes con toda unha xoia, Beyond Good & Evil HD, a remasterización dun grande xogo de Ubisoft que adaptouse ás consolas de alta definición para manter viva esta aventura que ten en desenvolvemento a súa secuela (aínda sen data de lanzamento).

Warriors Orochi 3 Ultimate é un grande xogo para os amantes dos musou
Beyond Good & Evil HD permitiranos rescatar unha aventura con bastantes anos enriba antes da chegada da súa secuela

PUBLICIDADE