Os ultraportátiles continúan a gañar cota de mercado

venres, 4 de setembro do 2009 Marcus Fernández

Despois da tempada de Nadal comentábase que os ultraportátiles de baixo custo pasaran de moda, pero posiblemente debíase simplemente a un efecto rebote coma consecuencia das fortes vendas que hai sempre durante as festas, ou iso parece despois de que DisplaySearch publicase un informe no que sosteñen que os ultraportátiles continúan medrando en vendas, pasando dun 5,6% das vendas de portátiles no segundo trimetre de 2008 ata o 22,2% dos mesmo período de 2009.
Tamén queda constancia de que Asus, pese a ser a marca pioneira cos seus Eee PC, está perdendo posicións fronte a fabricantes coma Acer, HP, Dell, Lenovo ou Toshiba, que contribuíron ao endurecemento da competencia deste sector. De feito, os primeiros ultraportátiles de baixo custo están pasando a obsolescencia, non pola súa potencia, senón polo seu tamaño de pantalla, xa que partiron de 7 polgadas, e foron evolucionando a 8,9 e 10,2 polgadas, sendo agora posible atopar modelos de 11,6 polgadas, que están xusto no límite para deixar de ser considerados ultraportátiles e entrar no rango de portátiles ordinarios.

PUBLICIDADE