Os procesadores nVIDIA Tegra 3 revolucionarán os dispositivos con Android
mércores, 9 de novembro do 2011
Parece que nVIDIA e os seus novos procesadores Tegra 3 van marcar
a diferenza nos dispositivos co sistema operativo Android que cheguen nos
vindeiros meses (eclipsando aos populares procesadores de Qualcomm), pois achegan
unhas vantaxes significativas, que estrearanse
en formato tablet no Asus Eee Pad Transformer Prime, pero que tamén está
previsto que cheguen aos móbiles a primeiros de 2012. Os novos nVIDIA Tegra
3 asustan cunhas prestacións que superan a moitos ordenadores persoais, cun
procesador ARM Cortex A9 de 4 núcleos a 1,3 GHz, capaces de xestionar ata 2 Gb
de RAM, con 12 núcleos gráficos capaces de triplicar a rendemento da plataforma
nVIDIA Tegra 2, reproducir vÃdeo en alta definición a 1.080p (cun procesador
dedicado, para non comprometer a autonomÃa), podendo disparar fotografÃas de
ata 32 MpÃxeles, permitindo a estabilización de imaxe para fotografÃas e
vÃdeos, podendo xestionar 2 pantallas á vez con resolucións de ata 2.048 x
1.536 pÃxeles e cun consumo moi reducido.
- Tegra 3 suporá unha grande mellora gráfica nos videoxogos en dispositivos con Android
Resulta evidente que os
procesadores nVIDIA Tegra 3 terán un grande impacto nos xogos, cos mellores
gráficos vistos nun dispositivo Android ata o momento, ao que temos que engadir
detalles como o seren compatibles con mandos de consolas de videoxogos (PS3,
Xbox 360, Wii...), a tecnoloxÃa nVIDIA 3D Vision (traballando con monitores 3D por
HDMI 1.4) e incluso facilitando a conexión dos trebellos con Android a un
televisor para traballar como unha consola de videoxogos doméstica.
O rendemento xeral dos procesadores Tegra 3 tamén é notable, chegando a superar
a un procesador Intel Core 2 Duo T7200, á vez que achega unha experiencia web
superior ao resto de dispositivos móbiles do mercado, con aceleración en
contidos baixo Adobe, Flash Player 11, HTML5 e WebGL, asà como un magnÃfico
rendemento do seu motor Javascript optimizado para chegar ata a multiplicar por
4 a velocidade dos seus competidores.
Pero un dos factores que máis agradecerán os usuarios é o seu reducido consumo,
o que queda evidente no Asus Transformer, xa que o tablet orixinal (con Tegra
2) tiña unha autonomÃa de 9,5 horas, mentres que o modelo que sairá en decembro
(con Tegra 3) chegará ás 12 horas de duración de baterÃa, mellora que tamén
esperan aplicar a smartphones, o que
é unha das grandes esixencias dos consumidores.
Os procesadores nVIDIA Tegra 3 levarán o desenvolvemento de videoxogos para Android a unha nova xeración