Os primeiros compradores do novo xogo do profesor Layton poderán facerse cun agasallo moi especial

xoves, 18 de outubro do 2012 Marcus Fernández

De cara ao lanzamento de El profesor Layton y la máscara de los prodigios para Nintendo 3DS e 3DS XL, título que estará dispoñible nas tendas a partires do vindeiro día 26, Nintendo informa de que os seareiros do profesor Layton que rexistren no Club Nintendo a quinta entrega das súas aventuras poderán recibir un agasallo moi especial: unha etiqueta de coiro para maletas co logotipo do curioso profesor. Este agasallo só estará dispoñible ata rematar as 5.000 unidades das que teñen existencias a nivel Europeo. O rexistro para conseguir a etiqueta ábrese ás 9 da mañá do 26 de outubro, recibindo os agraciados unha mensaxe por correo electrónico con información sobre como reclamar o seu premio.
Para dar a coñecer o lanzamento do primeiro xogo de Layton en 3D botou a andar tamén unha serie de anuncios televisivos protagonizados por Eduard Punset como o que podemos ver a continuación:

PUBLICIDADE