Os personaxes de cómic de DC terán un xogo de arenas en liña de balde
martes, 26 de marzo do 2013
Warner Bros. Interactive Entertainment e DC Entertainment
anuncian un novo xogo para PC, Infinite Crisis, previsto para
este mesmo ano como un tÃtulo de arenas multixogador en liña (MOBA) Free-to-Play que está a ser desenvolvido
por Turbine, estudo detrás de The Lord of
the Rings Online.
Este xogo supón a estrea dos personaxes de DC Comics no emerxente xénero dos
MOBA, ofrecendo a posibilidade de loitar empregando moitas das iconas da banda
deseñada e, para enriquecer o número de personaxes dispoñibles, non se limitan
á versión actual dos mesmos, senón que collen as súas moitas versións
alternativas, situadas en universos paralelos e en historias fóra da
continuidade, pero que en moitos casos resultan familiares para os afeccionados
ao Universo DC.
Polo momento están confirmados personaxes como Nightmare Batman, Doomsday,
Flash, Batman Luz de Gas, Catwoman Luz de Gas, Joker Luz de Gas, Green Lantern, Poison ivy, Shazam, Joker, Wonder Woman
e Zatanna, aÃnda que é de agardar que vaia incrementándose o número de heroes e
malvados presentes no xogo. Os escenarios tamén actuarán como armas, terán
lugar eventos catastróficos e desenvolverase unha historia que ameaza con
destruÃr o Multiverso, e da que os máis ansiosos poderán gozar antes do
lanzamento oficial de Infinite Crisis
de apuntarse á súa
fase de probas.
Trailer de presentación do xogo
- No xogo poderemos ver versións alternativas dos coñecidos personaxes de DC