Os personaxes da Marvel incorporaranse a Disney Infinity

venres, 2 de maio do 2014 Marcus Fernández

Seguindo os pasos de Skylanders, Disney quixo aproveitar a forza dos personaxes de Pixar e da súa marca para lanzar o ano pasado o xogo Disney Infinity, que integra na pantalla a figuras coleccionables reais, proposta híbrida de grande éxito que vai potenciarse cunha edición 2.0 do xogo, Disney Infinity: Marvel Super Heroes, que incluirá máis de 20 novas figuras interactivas orixinarias do Universo Marvel, comezando polos protagonistas da película de Los Vengadores, que serán os que chegarán co saía deste título no outono, aos que se engadirán outros personaxes como Spider-Man ou os integrantes dos Guardianes de la Galaxia.
O xogo, que sairá á venda para PS4, PS3, Xbox One, Xbox 360, Wii U, PC e iOS, contará con historias orixinais creadas por Brian Michael Bendis, contando tamén cun novo modo Toy Box que fará máis doado aos usuarios crear os seus propios niveis e mini-xogos para gozar dos mesmos coa familia e os amigos. Os personaxes e discos de enerxía do anterior Disney Infinity serán compatibles con esta nova edición.

O xogo incluirá inicialmente as figuras dos integrantes da versión cinematográfica de Los Vengadores


Trailer de presentación de Disney Infinity: Marvel Super Heroes

PUBLICIDADE