Os novos sintonizadores de TDT de Blusens permiten a gravación de contidos
martes, 23 de xuño do 2009
A multinacional tecnolóxica galega,
Blusens, ante a proximidade do apagamento analóxico e a fin de evitar que nos
colla o toro da TDT sen sintonizadores axeitados nos nosos fogares, vén de
presentar a súa nova gama destes aparellos cos novos modelos, T.9-R, T.15-S e T.120-S; todos eles con
función PVR incluÃda e compatibles con formato MPEG4.
Dado que o vindeiro dÃa 30 de xuño
producirase o primeiro gran cese de emisións analóxicas no noso paÃs, Blusens
optou por poñer a disposición dos seus clientes unha ampla gama de sintonizadores
TDT, cun óptimo rendemento en zonas de pouca cobertura, garantindo a calidade
do sinal incluso en situacións de funcionamento prolongado.
Asemade, estes dispositivos inclúen novas
funcións como a posibilidade de gravar contidos da TDT a través do PVR e guÃa
de programación electrónica (EPG), asà como Teletexto e control parental para
bloquear o acceso a determinadas canles.
Estes sintonizadores TDT Blusens estarán
dispoñibles no mercado a mediados do vindeiro mes de xullo, por un prezo que
vai entre os 39,90 e os 54,90 euros, dependendo do modelo adquirido.