Os novos auriculares para PS4 serán compatibles con PS VR
luns, 5 de febreiro do 2018
Cada
certo tempo renóvanse os auriculares sen fÃos para as consolas PlayStation, e
desta volta temos a piques de recibir no mercado europeo o novo Gold
Wireless Headset, que ofrece maior comodidade e micrófonos con cancelación
de ruÃdo ocultos en varias posicións, de xeito que son un excelente produto
para gozar de son estéreo e á vez poder tamén conversar en liña con amigos e
compañeiros de equipo.
Pero este produto vai un pouco máis aló, e tamén permite gozar de son virtual
envolvente 7.1 de alta fidelidade (o que intensifica a experiencia dos xogos de
PS4) e, grazas ao uso dun cable de 3,5 milÃmetros (incluÃdo) pode empregarse
tamén con PlayStation VR e dispositivos móbiles. O deseño dos novos auriculares
facilitan o seu uso co casco de PlayStation VR de xeito confortable,
facilitando a inmersión na realidade virtual.
- Os novos auriculares teñen un deseño que permite un uso cómodo co casco de PlayStation VR