Os móbiles Nokia Lumia estrean aplicación deportiva de Adidas

xoves, 26 de setembro do 2013 Marcus Fernández

Para converter os móbiles con Windows Phone 8 en asistentes para a práctica de exercicio físico Nokia e Adidas xuntan forzas para estrear hoxe a aplicación Adidas miCoach, aplicación exclusiva para dispositivos Lumia que fai uso do GPS e de instrucións de voz en tempo real para acompañarnos durante os adestramentos en interiores ou exteriores. Tamén inclúe centos de exercicios de forza e flexibilidade para axudar a acadar os novos obxectivos. A aplicación está integrada cos servizos Nokia Música e HERE Maps, de xeito que podemos escoitar música para animar as nosas actividades e empregar o servizo de mapas para poder realizar un seguimento das nosas rutas en exteriores.
Adidas miCoach rexistra os adestramentos (mide distancias, velocidade, calorías e tempos), analiza os datos (amosa gráficos animados cos nosos resultados), pode empregarse cun monitor cardíaco Bluetooth (opción que inicialmente está dispoñible para os terminais Lumia 520/620/720), recibe adestramentos planificados diariamente no móbil, fai un seguimento dos nosos progresos e incluso pode sincronizarse con miCoach.com para poder gardar e ver os datos dos nosos adestramentos en liña.

PUBLICIDADE