Os mapas descargables de Call of Duty superan os 20 millóns de dólares en vendas

martes, 3 de agosto do 2010 Marcus Fernández

<em>Carnival</em> é un dos novos mapas incluídos no Paquete ResurrecciónAínda que no ámbito do PC os contidos adicionais para os xogos eran tradicionalmente de balde (e elaborados en grande parte polos seus propios usuarios) coa popularización das consolas de alta definición cambiaron as tornas e agora os mapas para xogos de acción en primeira persoa son unha fonte de ingresos moi importante, anunciando Activision que o paquete de mapas para Call of Duty 4: Modern Warfare, os 3 paquetes de Call of Duty: World at War e os 2 de Call of Duty: Modern Wafare 2 lograron superar en total os 200 millóns de dólares en vendas, o que ratifica que a experiencia multi-xogador é fundamental para os fieis da saga, que non dubidan en adquirir novos mapas para revitalizar as súas partidas en liña.
A franquía de Call of Duty segue a liderar os xogos de acción en primeira persoa en EE.UU. e Europa, e á espera do lanzamento de Call of Duty: Black Ops para PS3, Xbox 360, Wii, PC e Nintendo DS o vindeiro 9 de novembro, aínda parece que vaian quedar moitas vendas de contidos descargables para o Call of Duty: Modern Warfare 2, pois non podemos esquecer que último paquete de mapas saíu hai menos dun mes para PS3 e PC (xa aparecera en xuño para Xbox 360), quedando bastantes semanas para continuar medrando as vendas de DLC deste tipo, pese a que moitos critiquen que hai anos eran de balde e que nalgúns casos sexan incluso mapas xa coñecidos polos usuarios doutras entregas da saga bélica desenvolvida alternativamente por Treyarch e Infinity Ward.

PUBLICIDADE