Os compradores de consolas 3DS poderán optar a facerse con Super Mario 3D Land de balde

martes, 19 de novembro do 2013 Marcus Fernández

Nintendo está a lanzar unha interesante promoción para esta Nadal da que poderán gozar os usuarios dunha nova consola Nintendo 3DS ou 3DS XL, e que consiste en recibir de balde o xogo Super Mario 3D Land en formato descargable tras rexistrar a consola e un dos 15 xogos grandes xogos que está a comercializar Nintendo nestas datas entre as 16:01 horas do 27 de novembro de 2013 e as 23:59 horas do 13 de xaneiro de 2014. O código de descarga recibido permitirá a descarga de balde do primeiro xogo 3D de Mario a través da Nintendo eShop ata o 13 de marzo de 2013.
Os xogos incluídos nesta promoción non son precisamente títulos de recheo, senón que serían as principais novidades deste ano distribuídas por Nintendo: Mario & Luigi: Dream Team Bros, Animal Crossing: New Leaf, The Legend of Zelda: A Link Between Worlds, Donkey Kong Country Returns 3D, Fire Emblem: Awakening, Luigi’s Mansion 2, LEGO City Undercover: The Chase Begins, Sonic Lost World, Monster Hunter 3 Ultimate, Pokémon X, Pokémon Y, Bravely Default, New Super Mario Bros. 2, Mario Kart 7 e El profesor Layton y el legado de los ashalanti.

PUBLICIDADE