Os botóns dos mandos de Xbox One poderán remapearse

luns, 5 de outubro do 2015 Marcus Fernández

Este mes sae á venda o novo mando Elite para a Xbox One, todo un accesorio de luxo, pensado para os gamers máis esixentes, tanto pola calidade dos seus compoñentes como palas súas opcións de configuración, xa que as súas teclas e pancas de control poden intercambiar e incluso conta con catro rañuras para conectarse levas intercambiables (pensadas para realizar combinacións complexas de botóns de disparo sen ter que levantar o dedo do stick) e que incluso poden configurarse a través dunha aplicación para Xbox One e Windows 10, e, precisamente este último elemento é unha grata sorpresa para todos os usuarios de Xbox One e dos seus mandos, xa que veñen de confirmar que as opcións de configuración chegarán a todos os mandos de Xbox One.
Iso quere dicir que con mandos estándar de Xbox One poderemos gozar da aplicación que permitirá reasignar os botóns, a cruceta e o joystick, adaptándoo ás nosas preferencias e gustos, e incluso poden gardar perfís de mando para distintos xogos. Toda unha serie de vantaxes que agradecerán os usuarios de mando de Xbox One aínda que non se faga co novo mando Elite.

PUBLICIDADE