Os blogs celebran o seu día recomendando a visita a outros cadernos electrónicos para promover a blogosfera

venres, 31 de agosto do 2007 Marcus Fernández

Os blogueiros de todo o mundo celebraran hoxe o seu día mundial, nunha iniciativa que busca á potenciación da blogosfera. Así, o BlogDay convida a todo o que teña un blog a recomendar en tal data 5 blogs preferiblemente cos que non exista unha relación habitual, ou sexa, espazos doutros países ou de temáticas distintas, de xeito que os visitantes poderán descubrir novas bitácoras, afastándose da recomendación habitual amosada no blogroll de cada diario persoal.
Dende a organización do evento propoñen que os participantes sigan as seguintes instruccións:
1- Buscar 5 blogs interesantes
2- Avisar ós seus responsables de que se van a recomendar dentro da celebración do BlogDay 2007
3- Escribir unha breve descrición dos blogs recomendados e publicar as ligazóns correspondentes
4- Publicar a recomendación o día 31 de agosto
5- Etiquetar axeitadamente a entrada no blog do usuario para que se servizos coma Technorati a asocien como parte do BlogDay
A pasada edición non acadou moita repercusión, pese a que 2006 foi o ano por excelencia do fenómeno dos blogs, e agardan que esta nova edición poida consolidar a celebración internacional da blogosfera e que en Galicia está a ter un importante seguemento.

PUBLICIDADE