Os Xogos con Gold recuperan o seu pulo en xaneiro
martes, 22 de decembro do 2020
Tras uns meses con xogos totalmente prescindibles, a
selección de Xogos con Gold para o mes de xaneiro é bastante notable, con
tÃtulos que cando menos son coñecidos, e que poden sorprender pola predominancia
do terror e a violencia, cando nestas datas parecerÃa máis razoable incluÃr
algún tÃtulo familiar.
Os xogos de Xbox One que chegan en xaneiro serán Little
Nightmares (terrorÃfico xogo que nos somerxe nos medos da invancia) e o
xa clásico Dead Rising
(xogo de acción que no mete na pel de Frank West, un reporteiro gráfico que
cubre un gromo de zombis nunha aventura que deu pé a toda unha franquÃa).
Aproveitando a retrocompatibilidade teremos o xogo de loita The
King of Fighters XIII (que devólvenos a unha saga clásica dos salóns
recreativos) e o xogo da Xbox orixinal Breakdown (no
que encarnamos a unha persoa con amnesia e poderes extraordinarios que terá que
sobrevivir loitando contra unha facción militar e a outros guerreiros
sobrehumanos).