Os Xogos con Gold de agosto apostan por Microsoft Studios
martes, 30 de xullo do 2019
A selección
de xogos que en agosto recibirán os subscritores de Xbox LIVE Gold no mes de
agosto será unha das mellores da historia do servizo, apostando principalmente
por tÃtulos de Microsoft Studios, que ao ser de primeira liña serán moi ben
recibidos por quen non os teña xa, e que chegan acompañados por un xogo de Konami
desenvolvido en España por MercurySteam, e considerado todo un imprescindible.
Falamos de Castlevania:
Lords of Shadow, tÃtulo que recuperou a franquÃa de Castlevania
e situouse como inicio dunha saga contando unha arrepiante aventura de Gabriel Belmont.
Trátase dun xogo de Xbox 360 que chegará a partires do 16 de agosto e que pode
xogarse na Xbox One grazas á retrocompatibilidade. Este xogo tivo como secuelas
o Castlevania: Lords of Shadow – Mirror of Fate para Nintendo 3DS e Castlevania:
Lords of Shadow 2 para PC, Xbox 360 e PS3.
O outro tÃtulo de Xbox 360 que chegará aos usuarios Gold en agosto será Torchlight,
un xogo de rol e acción considerado un clon do clásico Diablo que conseguiu
un grande éxito ao atender a demanda de xogos deste xénero (pouco frecuente en
consolas), chegando incluso a ter unha secuela directa (xa para as consolas
actuais).
O xogo de Xbox One que chegará a partires do 1 de agosto é todo un destacado do
catálogo de exclusivos de Microsoft, Gears of
War 4, que non só é unha entrega principal desta franquÃa de acción en
terceira persoa, senón que tamén é compatible con Xbox Play Anywhere, ou sexa,
que os usuarios que o teñan en consola tamén poden gozalo baixo Windows 10.
Xa a partires do 16 de agosto chegará a edición estándar de Forza
Motorsport 6, un xogo de condución de auténtico luxo, que conta cun
amplo catálogo de vehÃculos, permite competir en carreiras de até 24 xogadores
e en ligas de Forza en 26 emprazamentos de sona mundial e tamén convida a
dominar as carreiras baixo a chuvia e de noite, como un camiño cara a vitoria.
VÃdeo promocional dos Xogos con Gold de agosto