Os Transformers estrearán xogo en liña en 2011

mércores, 4 de agosto do 2010 Marcus Fernández

Optimus Prime no xogo Transformers: War for Cybertron

Os Transformers, personaxes icónicos dos anos 80 nos que gozaran de varias series de televisión, serie de comics e unha impresionante liña de xoguetes, están a vivir un rexurdir nos últimos anos con películas e moitos outros produtos asociados entre os que hai videoxogos dun nivel de calidade lamentable coa excepción da última entrega, Transformers: War for Cybertron, que conseguiu satisfacer a moitos seareiros de Optimus Prime e os seus amigos, o que entendemos que puido servir para levar a NetDragon Websoft a anunciar que chegou a un acordo con Hasbro para poder desenvolver un xogo en liña para PC que estaría ambientado no universo destes carismáticos robots antropomórficos.
Transformers Online chegaría a China e a outros países seleccionados en 2011, non esperándose un lanzamento europeo nin norteamericano, probablemente polo reducido éxito que están a ter en occidente os xogos en liña para ordenador (coa excepción de World of Warcraft).

PUBLICIDADE