Os Sims chegan aos 100 millóns de copias vendidas

xoves, 17 de abril do 2008 Marcus Fernández

En Electronic Arts están de festa pois a súa saga de xogos dos Sims, que conta con versións para practicamente todas as plataformas de xogo (dende ordenadores ata móbiles), acadou a impresionante cantidade de 100 millón de copias vendidas en todo o mundo, o que supón todo un fito histórico para esta serie de videoxogos que nos acompaña dende primeiros do 2000.
O xogo vendeu realmente 50 millóns de copias, correspondendo o resto a expansións dos mesmo, de xeito que é sen dúbida o título con maiores vendas para PC, e sería a terceira franquicia do sector de xeito global, superada só por Pokémon (cunhas 165 millóns de copias) e Mario (que xa supera os 200 millóns), que tamén levan máis tempo no mercado.
Pero os Sims non só supuxeron un éxito en vendas, senón que tamén son un referente coma xogo que achegou ao público feminino aos videoxogos. Tampouco podemos esquecer que The Sims 3 sairá á venda en 2009, polo que parece que a este tipo de xogos aínda lles queda moita vida por diante.

PUBLICIDADE