Os Simpson recuperan o seu xogo de recreativas nas consolas de alta definición

venres, 3 de febreiro do 2012 Marcus Fernández

O clásico xogo para máquinas recreativas de Los Simpson que tanto éxito tivo en 1991 está agora ao alcance dos usuarios da Xbox 360 coma título descargable por 800 puntos (9,6 euros), para chegar o vindeiro día 8 á PlayStation Network a 9,99 euros.
The Simpsons Arcade Game é un beat’em up no que podemos controlar simultaneamente a Bart, Lisa, Homer e Marge nunha aventura de acción para rescatar á pequena Maggie das mans do Sr. Burns e Smithers, para o que haberá que loitar a través de 8 escenarios clásicos de Springfield. Permite o xogo cooperativo de entre 2 a 4 usuarios tanto en local como en liña, de xeito que respecta o espírito da versión de salóns recreativos, que buscaba a diversión na experiencia de xogo compartida.
Esta aventura tamén poderá superarse mediante distintas modalidades de xogo, como o Modo Supervivencia (no que contarase só cunha vida) e o Modo Libre (con vidas infinitas), de xeito que os usuarios poderán optar polo nivel de reto que desexen. Esta versión tamén inclúe a revisión xaponesa do xogo, o que supón a incorporación de novas armas, maiores puntuacións e un final lixeiramente diferente.

Ata 4 xogadores poderán xogar á vez ao xogo, tanto en local como en liña

PUBLICIDADE