Os Cazapantasmas estrean videoxogo descargable

mércores, 23 de marzo do 2011 Marcus Fernández

Hoxe chega ao Bazar de Xbox LIVE Arcade o xogo Ghostbusters: Sanctum of Slime, título de Atari que pode adquirirse por 800 puntos (9,6 euros) e que supón a estrea desta franquía entre os xogos descargables, de xeito que dende hoxe pode mercarse para Xbox 360 e tamén para Windows (a través de Steam), mentres que a versión de PlayStation 3 non se estreará na PlayStation Network ata o vindeiro 30 de marzo.
Este novo xogo é unha aventura para 4 xogadores ao máis puro estilo Cazapantasmas, no que viviranse novas experiencias paranormais poñéndose na pel dun novato contratado polos Cazapantasmas (como xa pasaba co xogo en soporte físico comercializado en 2009), que deberá salvar a cidade de New York dunha catástrofe valéndose dunha pistola de protóns ao longo de lugares encantados que explorar e librar de todo perigo ectoplásmico, así como facer fronte a xigantescos xefes finais. Ghostbusters: Sanstum of Slime conta cun modo para un xogador e outro cooperativo, tanto local como en liña.

Ghostbusters: Sanctum of Slime</Em> pode gozarse de xeito individual ou en modo cooperativo

PUBLICIDADE