Os Angry Birds volven cun novo clon de Bejeweled
venres, 1 de setembro do 2017
Parece que a franquÃa dos paxaros anoxados de Rovio vai
perdendo pulo, pois esta semana estrearon xogo móbil, Angry
Birds Match, pasando tan desapercibido como Angry
Birds Evolution, que veu a luz a primeiros do verán. Desta volta o xogo
que podemos descargar
de balde na App Store ou en
Google Play achega unha proposta que pode resultarnos moi familiar, xa que
temos un xogo no que mover elementos de xeito que desaparecerán de combinarse
en vertical ou horizontal a partires de 3 iguais.
Vaia, que temos un clon máis de Bejeweled
ou Candy Crush, coa diferenza de que
nesta volta as combinación teñen a entrada en xogo de paxaros anoxados no
taboleiro, que poden contribuÃr destruÃndo outras fichas ou atacando aos seus
inimigos xurados, os porcos verdes.
Os paxaros anoxados deste xogo serán Red, Chuck e Bomb, que axudarán a os máis
de 50 poliños que iremos atopando en máis dun milleiro de niveis de diversión e
desafÃo (aos que iranse engadindo máis no futuro). No xogo tamén haberá vidas e
potenciadores, buscando asà que as súas mecánicas animen aos xogadores a
realizar compras dentro da aplicación.
- Red, Chuck e Bomb terán distintos movementos para axudar aos máis de 50 poliños que atoparemos no xogo
Tráiler de lanzamento de Angry Birds Match