Os Angry Birds terán o seu xogo de carreiras en decembro

martes, 15 de outubro do 2013 Marcus Fernández

O imperio dos paxaros anoxados de Rovio continúa a espallarse, e o seu novo capítulo escribirase o 11 de decembro, data na que está previsto o lanzamento do novo Angry Birds Go! Para iOS, Android, Windows Phone 8 e BlackBerry 10, xogo de carreiras moi prometedor, que desenvolverase nun contorno tridimensional no que competirán os principais personaxes da franquía subidos en karts actualizables e facendo uso de poderes especiais para dar lugar a un xogo que poderiamos comparar con Mario Kart ou con Sonic & SEGA All-Star Racing.
Este novo xogo vai adoptar dende o seu lanzamento a fórmula do Free-to-Play, como moitos dos xogos de carreiras para dispositivos móbiles que saíron nos últimos meses, e que neste caso pretende achegar moitas sorpresas, como o feito de que tamén poderá empregar os TELEPODS que viron a luz no Angry Birds Star Wars II, de xeito que poderemos teletransportar os nosos karts favoritos no xogo.


Trailer con imaxes en acción de Angry Birds Go!

Pero que poidamos ver o futuro Angry Birds Go! en vídeo non é a única novidade sobre Angry Birds desta semana, senón que tamén podemos celebrar que mañá mesmo a PlayStation Store europea vai recibir Angry Birds Trilogy para PlayStation Vita a un prezo de 39,99 euros. Este xogo recompila os 3 primeiros xogos da saga, o que supón máis de 700 niveis que superar. O mencionado xogo tamén está dispoñible na PlayStation Store na súa versión para PlayStation 3 a un prezo de 29,99 euros.

PUBLICIDADE