Os Angry Birds protagonizarán un xogo de rol por quendas

mércores, 12 de marzo do 2014 Marcus Fernández

Dende Rovio parecen ter clara a súa estratexia de trasladar a marca Angry Birds a xogos de xéneros distintos ao orixinal, e tras a incursión de Angry Birds Go! nos xogos de condución, agora confirman que van repetir a xogada con Angry Birds Epic, un xogo de rol por quendas que esta semana vai chegar inicialmente a Australia e Canadá, para unhas semanas despois chegar a todo o mundo debidamente pulido e escalado. A versión final do xogo estará dispoñible para iOS, Android e Windows Phone 8.
Pouco sabemos polo momento deste xogo, do que pode suporse que haberá que dotar aos personaxes de armaduras, armas e pocións, que poderán adquirir cos puntos acadados no xogo ou con cartos reais como noutros xogos free-to-play do xénero. Posiblemente poderemos saír de dúbidas este mesmo venres.

O único que coñecemos polo momento de Angry Birds Epic é que trátase dun xogo de rol por quendas

PUBLICIDADE