Os 5 primeiros xogos de Assassin’s Creed recompílanse nunha económica colección

venres, 4 de outubro do 2013 Marcus Fernández

Ás portas do lanzamento de Assassin’s Creed IV: Black Flag dende Ubisoft decidiron preparar un impresionante lote recompilatorio coas 5 primeiras entregas da saga, Assassin’s Creed: Heritage Collection, que sairá á venda o vindeiro 8 de novembro para Xbox 360, PlayStation 3 e PC a un prezo aproximado de 50 euros, o que supón unha excelente oportunidade para poder gozar das historias de Altaïr Ibn-La’Ahad durante a Terceira Cruzada, Ezio Auditore no Renacemento Italiano e Connor na Revolución Estadounidense como anticipo da nova entrega desta franquía.
Os xogos incluídos nesta colección son Assassin’s Creed, Assassin’s Creed II, Assassin’s Creed: La Hermanda, Assassin’s Creed: Revelations e Assassin’s Creed III, quedando só fóra os títulos para consolas portátiles e dispositivos móbiles.

PUBLICIDADE