Origin ofrece de balde o xogo Medal of Honor - Pacific Assault

mércores, 30 de marzo do 2016 Marcus Fernández

Para chamar aos usuarios a empregar a plataforma dixital de videoxogos Origin dende Electronic Arts utilizan como reclamo a súa iniciativa Invita La Casa coa que ofrecen xogos completos de balde, que poden incorporarse na ludoteca persoal do usuario, e que estes días está a ofrecer por tempo limitado a edición estándar do xogo Medal of Honor - Pacific Assault, título de 2004 que nos mete na pel do marine Tom Conlin loitando en emblemáticas batallas da Segunda Guerra Mundial.
O xogo permite traballar de xeito individual ou co axuda do escuadrón para gañar experiencia, desenvolver unha identidade de seu e loitar de xeito eficaz nun shooter en primeira persoa que inclúe misións, armas e vehículos que facilitarannos a participación en misións en Pearl Harbor, Gudalcanal ou Tarawa, entre outros enclaves que enriquecerán o marco histórico no que se desenvolve o xogo.
Cómpre destacar que este título deixou de recibir soporte dos servidores de GameSpy en 2014, o que afecta ao seu modo multi-xogador.

Medal of Honor - Pacific Assault é o xogo que estes días ofrece Origin a través da súa promoción Invita La Casa

PUBLICIDADE