Organizan na Coruña un evento para emprendedores previo ao E-StartUpBus de novembro

luns, 27 de agosto do 2012 Marcus Fernández

Entre os días 22 e 27 de novembro varias localidades españolas van acoller unha xira de eventos dirixidos a emprendedores tecnolóxicos chamada E-StartUpBus, que nesta edición non vai pasar por Galicia, o que levou á coruñesa WeKCo a convocar para o 3 de outubro ás 19:30 horas unha xornada #OnTheRoad coa que intentar recibir moitos inputs sobre ideas de negocio que poidan coller forma de cara ao E-StartUpBus, premiando ao equipo galego que obteña a mellor clasificación con 3 meses de aloxamento de balde no espazo de coworking de WeKCo.
A actividade coruñesa desenvolverase na sede de WeKCo en Novo Mesoiro (A Coruña), e busca dar forma a un prototipo de idea empresarial que anime aos participantes a subirse ao E-StartUpBus durante os 6 días que dura a súa ruta emprendedora. A inscrición ao evento xa está aberta e é de balde.

PUBLICIDADE