Orange estrea a Tarifa Plana Naveghable
venres, 9 de maio do 2008
Orange lanza a nova
Tarifa Plana Naveghable, que é a primeira tarifa plana do mercado
que permite falar a 0 euros con todos os destinos nacionais, fixo e móbil, de
18 a 8 horas de luns a domingo (no resto de horarios custarán 21,6 céntimos/minuto)
e navegar pola Internet a 24 horas dende o móbil por unha cota mensual bastante
axustada (29 euros) que se comezará a ofrecer dende o vindeiro luns.
A navegación de Internet estarÃa limitada a unha transferencia de 500 Mb sen
lÃmite de conexións, e tamén permitirÃa o acceso ao correo electrónico e a
Orangeworld (o portal de Internet móbil da operadora).
Os clientes que contrate esta nova tarifa poderán aproveitarse dunha promoción
que lles achegará ata 300 euros en servizos de música, televisión, videoxogos,
videochamada e mensaxes multimedia durante un mes, tralo que tamén poderán
contratar unha tarifa plana de televisión móbil por 6 euros/mes.
Orange tamén achegará aos clientes desta nova tarifa a posibilidade de adquirir
por entre 29 e 129 euros terminais coma o LG
KU990, os Nokia
N95 e 6500,
o Motorola V9 ou o Sony
Ericsson W910i.