Opera Mobile 10.1 estrea versión para Android

mércores, 10 de novembro do 2010 Marcus Fernández

Esta semana Android recibiu unha versión de proba do navegador web Opera Mobile 10.1, de xeito que os usuarios que gusten de Opera non terán que conformarse coa súa versión Mini, senón que terán nun navegador completo que conta con pestanas, o motor de renderizado Presto, sincronización co Opera de escritorio, a tecnoloxía de compresión Opera Turbo, xeolocalización, soporte de SVG, xestor de descargas e contrasinais, zoom multi-táctil, marcadores directos… en definitiva, un produto bastante completo que pode descargarse tanto na páxina web de Opera coma no Android Market, e que resulta ideal para os usuarios que non están conformes co navegador web que inclúe de serie o seu terminal móbil ou, simplemente, para complementar a experiencia de escritorio con outro cliente web de Opera.

PUBLICIDADE