O Open Live Writer estréase na tenda de Windows 10

mércores, 28 de setembro do 2016 Marcus Fernández

Para facilitar a publicación de contidos en blogs Microsoft estreou en 2006 a aplicación Windows Live Writer, que ofrecía de balde, e que, como grande vantaxe, podía funcionar con distintas plataformas como Blogger ou WordPress, de xeito que o usuario non se tiña que preocupar de aprender novas interfaces para xestionar os contidos de distintas plataformas de blogs pero, ao integrarse estas funcionalidades no Microsoft Word, esta aplicación deixou de actualizarse en 2012 e, para non deixala morrer, o ano pasado volveu na forma de Open Live Writer, versión de balde e código aberto que aínda non é moi coñecida, pero que a partires de agora vai gañar visibilidade, xa que vén de publicarse na tenda de aplicacións para Windows 10, de xeito que pode descargarse de balde dun xeito moi sinxelo.
Deste xeito non é preciso ter unha versión de pagamento do Word de Microsoft para poder editar entradas dun blog a través dunha aplicación de escritorio, o que agradecerán moitos usuarios afeitos a traballar deste xeito, e reducindo considerablemente os pasos a dar para publicar na web unha entrada completa dun caderno de Internet.

PUBLICIDADE