Office 2010 permitirá elixir entre os formatos OOXML e ODF

luns, 22 de febreiro do 2010 Marcus Fernández

Que o Internet Explorer 8 comece a presentar en breve unha pantalla de selección de navegador web non será o último cambio de Microsoft para satisfacer aos reguladores comunitarios, e dende Neowin aseguran que o Office 2010 contará cunha medida semellante, de xeito que ao iniciarse por primeira vez o paquete ofimático permitirase ao usuario elixir o formato predeterminado de gravación entre Office Open XML (OOXML) e OpenDocument (ODF), advertindo que estes últimos non son totalmente compatibles con todas as prestacións de Office 2010.
Aínda que os máis críticos non están conformes en que o formato OOXML apareza antes que o ODF na fiestra de selección, hai que recoñecer que esta medida parece bastante atinada para popularizar os formatos abertos dende a suite ofimática de Microsoft, o que non só facilita a publicación de documentos en formatos abertos, senón que tamén permite abrir documentos xerados por OpenOffice.org sen problema, o que agradecerán moitos dos futuros usuarios do Office de Microsoft.

PUBLICIDADE