O xogo español Dogchild estréase na PlayStation Store
xoves, 24 de decembro do 2015
Animatoon
Studio lanzou hai tempo para
Android e para
iOS o videoxogos Dogchild, que
permitÃanos participar na aventura do mozo Tarpak e aos eu can Tarao, que tiñan
que enfrontarse a unha invasión alienÃxena; pero este estudio madrileño non se
conformaba co seu xogo para dispositivos móbiles e presentouse aos PlayStation
Awards en 2014, resultando gañadores, polo que levan
uns meses traballando con PlayStation España para converter a súa idea
orixinal nun videoxogo para PlayStation 4, moito máis ambicioso que a súa
versión móbil, e que hoxe sae á
venda na PlayStation Store a un prezo de 21,99 euros.
A nova versión
de Dogchild xa non persegue
derrotar unha invasión de extraterrestres, senón que a aventura consiste en
investigar a desaparición dos pais de Tarpak e enfrontarse á malvada
Corporación Cornish, que experimenta con animais (polo que deberemos ter moito
coidado co seu secuestrador de cans).
Esta loita contra o maltrato animal permitiranos rescatar animais e atopar aos
pais do protagonista empregando habilidades como trae a pelota (tirando a pelota de Tarao para derrotar aos
inimigos), falar con animais (Tarpak
pode comunicarse con diferentes criaturas) e dúo dinámico (podemos controlar directamente a Tarao para atopar
novas pistas e distraer aos inimigos). Un xogo de traxectorias, cun ritmo
trepidante, que porá a proba a capacidade de concentración, coordinación e precisión
do usuario mentres se aproveitan as leis da fÃsica para crear o rebote perfecto
e facer tantos combos como se poida.
Tráiler do xogo de Animatoon Studio para PlayStation 4