O xogo de realidade virtual Beat Saber chega aos salóns recreativos cun torneo global

mércores, 1 de agosto do 2018 Marcus Fernández

Resulta curioso ver como os xogos musicais tipo Guitar Hero ou Rock Band están a ter en Beat Saber o seu sucesor en realidade virtual, converténdose en todo un fenómeno ao convencer ao público coa súa proposta rítmica que consiste en cortar bloques en movemento con espadas de luz (ao máis puro estilo de Star Wars) estando a acción sincronizada con música, de xeito que consérvase o espírito dos xogos de guitarras e de baile, pero modifícase as accións a desenvolver.
Aínda que Beat Saber é polo momento un xogo de acceso anticipado, está a ultimarse a súa versión para recreativas, e para celebrar o seu lanzamento van iniciar un torneo en máis de medio cento de salóns recreativos de todo o mundo, no que o xogo está dispoñible para o seu goce mediante o pagamento por uso. Temos así que Beat Saber únese á Virtual Athletics League, competición que que permite facerse con premios en metálico, descontos e mercadotecnia a xeito de premio.
Beat Saber pode mercarse para cascos de realidade virtual por 19,99 euros, pero dende esta semana a rede SpringboardVR ofréceo a só 6 céntimos por minuto, o que supón un achegamento moi asumible ao xogo, que parece querer conservar os espírito dos salóns recreativos nos que os usuarios pagaban polas partidas en vez de adquirir os xogos.

Exemplo da xogabilidade de Beat Saber

PUBLICIDADE