O xogo de ¡Rompe Ralph! xa está dispoñible para as consolas de Nintendo

luns, 3 de decembro do 2012 Marcus Fernández

Aínda que teremos que agardar ata o 25 de decembro para ver a película de Disney ¡Rompe Ralph! nos cines españois, as aventuras do personaxe de videoxogo que quere deixar de ser malo, polo que fuxe da súa máquina recreativa para meterse noutros xogos, están xa dispoñibles nas tendas de videoxogos, cun título publicado por Activision para a Wii e para as portátiles Nintendo DS e 3DS.
Este videoxogo chega como unha extensión da película, narrando unha historia na que Ralph contará coa axuda do seu amigo Fix-It Félix Jr. (o seu antagonista nos videoxogos) para evitar a invasión de Cy-bug. O xogo permitirá visitar os 4 escenarios que aparecen na película e tamén conta cun modo Bonus no que podemos gozar dun xogo clásico de 8 bits que preséntase como no que terían nacido os protagonistas desta historia.


Trailer do videoxogo de ¡Rompe Ralph!

PUBLICIDADE