O xogo de PatoAventuras amosa o seu nivel máis fresco

mércores, 17 de xullo do 2013 Marcus Fernández

Hoxe comezan as actividades de cara á Comic-Con de San Diego, encontro internacional que naceu ao redor do mundo do cómic pero que nos últimos anos converteuse en todo un referente para culturas asociadas como o cine, a televisión e os videoxogos, e precisamente por iso dende Capcom decidiron estrear un trailer do videoxogo DuckTales (PatoAventuras en España), que trátase dunha remasterización do xogo homónimo para a Nintendo, adaptando os seus gráficos á alta definición.
O vídeo publicado hoxe permítenos ver un dos niveis máis curiosos do xogo, ambientado no Himalaia e no que a voz do piloto Joe McQuack explica como nestes escenarios haberá que superar xeo esvaradío, animais salvaxes e seres abominables que xorden entre o Tío Gilito e o tesouro do Himalaia que está a procurar. Pese a estarmos ante unha revisión dun título de hai máis de 20 anos, o seu rexuvenecemento parece ser moi atinado, conseguindo darlle unha aparencia propia dunha produción actual.
O xogo ten previsto o seu lanzamento para PS3, Wii U e PC o vindeiro 13 de agosto, tendo que esperar os usuarios da Xbox 360 ata o 11 de setembro para poder gozar das aventuras do Tío Gilito na pantalla da súa consola.


Novo trailer do novo xogo baseado na serie de televisión de PatoAventuras

PUBLICIDADE