O xogo de Masacre chegará a PS4 e Xbox One
martes, 1 de setembro do 2015
Hai pouco máis de 2 anos o personaxe de cómic Masacre estreou
videoxogo para Xbox 360, PS3 e PC, que curiosamente chegou a desaparecer
das tendas de descargas dixitais para reaparecer hai pouco, previsiblemente
para aproveitar o pulo da pelÃcula do personaxe que chegará aos cines en
febreiro de 2016, pero como as consolas para as que saÃra o xogo son as da
anterior xeración, dende Activision consideraron atinado retomalo e anunciar
que o 20 de novembro teremos o xogo de Masacre adaptado a PlayStation 4 e Xbox
One, podendo mercarse tanto en formato fÃsico como en descarga.
Cómpre advertir que estamos ante un xogo non recomendado para menores de 18
anos, xa que conseguiu trasladar bastante ben o carácter do personaxe orixinal,
polo que o humor e a violencia estarán completamente desatados. Pistolas,
katanas, explosións... son elementos que no xogo podemos ver en numerosas
ocasións, e para os afeccionados aos cómics da Marvel non faltará algunha
aparición estelar, de xeito que incluso poderemos ver a Lobezno presente.
Como é habitual nas remasterizacións,
o xogo incluirá todo o contido descargable que foi aparecendo para a entrega
orixinal deste shooter en terceira
persoa que chega sen grandes pretensións, tendo como principal obxectivo divertir
aos seareiros do mercenario leriante da banda deseñada.